1) RESUMO:
O
obxectivo será
presentar unha breve investigación sobre a documentación informativa: a
súa orixe, o seu desenvolvemento coma ciencia informativa, os cambios que vai sufrindo
a medida que xurde unha nova tipoloxía de fontes informativas (como as bases de
datos na rede, os catálogos bibliotecarios ou os inventarios); así como as diversas
aplicacións que ten a documentación informativa e a súa estreita relación co
xornalismo.
2) PALABRAS CLAVE:
Hai
unha serie de palabras relacionadas coa documentación informativa, que aparecerán
ó longo desta breve investigación. As máis frecuentes son estas: documento,
información, proceso documental ou tratamento documental, sistemas de
información, arquivos, bibliotecas, centros de documentación, inventarios,
catálogos e base de datos.
3) INTRODUCCIÓN:
A
documentación é unha disciplina que nace a finais do século XIX, en
función dun proxecto trazado por dous abogados belgas, Paul Otlet e Henri la
Fontaine, cuxa idea foi constituír un libro universal do saber que recollese
todo o coñecemento humano. Esta iniciativa reflicte claramente o positivismo característico
de s.XIX, é dicir un sistema filosófico baseado no coñecemento empírico dos
fenómenos naturais, que emprega o método de coñecemento indutivo, co cal
podemos obter un enunciado xeral a partir de enunciados de casos particulares. Esta
corrente filosófica, permite confrontar os feitos coas ideas, as ciencias
experimentais fronte as ciencias teóricas.
Neste
contexto de desenvolvemento intelectual e revolución científica, prodúcese un
incremento das Academias científicas, a aparición de revistas de carácter
científico, artístico e de divulgación, o progresivo aumento de xornais, a
invención da fotografía e do cinematógrafo, así como o telégrafo e a
radiodifusión, en resumo: un conxunto de acontecementos que propician o comezo
da globalización. Ante o incremento exponencial da información publicada, a
documentación aparece co obxectivo de convertirse nunha ciencia informativa de carácter social,
cunha clara función mediadora entre o creador da información e o receptor da
mesma. Tamén xurde como instrumento de xestión de arquivos e valoración de
datos, análises e opinión. Finalmente, este tratamento documental da
información chega o xornalismo e a literatura tras a 2ª Guerra Mundial.
4) CONCEPTO:
Lluis
Colina nos propón unha definición de documentación informativa que se
axusta perfectamente o noso contexto dos medios de comunicación. Colina concibe
esta disciplina como <<o conxunto de ciencias e técnicas documentais ó servicio
de: 1) a producción de informacións de actualidade, 2) o incremento da súa
calidade, 3) o seu almacenamento e conservación, 4) a súa difusión e
reutilización>>. Esta é unha forma clara e completa de ilustrar o
concepto de documentación, que contrasta de maneira significativa coas
definicións aportadas por outros autores:
En
opinión de Elea Giménez Toledo (2007,15), entendemos por documentación
informativa, a aquela disciplina científica que
trata de recompilar, estructurar, analizar e difundir a información contida nos
distintos tipos de documentos xa existentes, co obxectivo de axilizar o proceso
de recuperación e localización de documentos, xusto no momento en que son
necesarios para o desenvolvemento dun traballo.
Como
ben expón Antonio García Gutiérrez (1999,45); a documentación é o
procedemento e ferramenta que axuda a comprender e ordear o caos cognitivo, xurdido a partir do crecemento
exponencial da información tecnocentífica no entorno da revolución industrial
do século XIX. Nela percibimos un claro uso de criterios científicos de
organización e circulación. Ademais, a Documentación é un útil instrumento
co que xerar procesos de organización e
circulación de todo tipo de coñecementos.
Para
Adoració Pérez Alarcón, a documentación informativa é << unha
disciplina que se ocupa básicamente de aplicar unha chea de técnicas, que
permiten estruturar e organizar os documentos, nos chamados sistemas de
información. Só así será posible a recuperación e localización dos documentos,
da información>>
Coas
catro definicións otorgadas por estes
expertos, queda delimitado o concepto de “documentación informativa”.
5) PRINCIPIOS:
Distinguimos
esencialmente dous tipos de principios da documentación informativa, en
base os estudos de Félix del Valle Gastaminza, profesor da Universidade
Complutense de Madrid:
En
primeiro lugar, os principios
teleolóxicos; marcados polos obxectivos fundamentais da información
xornalística (é dicir, a veracidade informativa e a súa comprensión por parte
do destinatario). Os principios teleolóxicos son tres:
a) O principio verificativo;
entendido como a “causa orixinaria fundamental da actividade documental
xornalística, polo cal esta se orienta cara á consecución da verdade
informativa”.
b)
O
principio explicativo; entendido como a “causa final
específica da actividade documental xornalística. Este principio axuda á comprensión
da verdade informativa, mediante a valoración e potenciación da comunicabilidade
e do carácter aclaratorio dos textos e referencias, cuxa veracidade xa se
comprobara e completara”.
c) O principio editorial;
o cal constitúe unha perspectiva subxectiva das anteriores, e reúne ademáis dúas
dimensións: a dimensión ideolóxica (identificada coa liña editorial do medio) e
a dimensión formal.
En
segundo lugar, achamos os principios
formais e circunstanciais. Xa sabemos que a finalidade principal da
documentación, está no seu posterior uso, polo que é necesario determinar a
utilización futura das fontes; tendo en conta que hai certas circunstancias que
restrinxen a documentación. Estes principios veñen recollidos en tres puntos destacables:
a) O principio de perdurabilidade;
coñecido coma a “razón formal da actividade documental xornalística, que tende
a determinar a utilidade futura e o grao de permanencia de textos e
referencias”.
b)
O
principio de adecuación funcional; é unha “regra
metodolóxica na actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta ao
tratamento específico de cada tarefa e medio documental, de acordo coa súa natureza
e a función que realiza”.
c) O principio limitativo.
Este principio, abrangue o conxunto de circunstancias reais da actividade
documental xornalística que limitan o seu exercicio; isto é, a localización, o ámbito
de difusión, o tipo de publicación, a periodicidade...
6) CARACTERÍSTICAS DA
INFORMACIÓN DE ACTUALIDADE:
A
información de actualidade, é unha
concepción que empregamos para condensar a información recibida a través das
actividades políticas, económicas, sociais e culturais do home. No xornalismo,
é necesario contextualizar a noticia no tempo e lugar en que acontece; ademáis
de relacionala debidamente cos temas anteriormente citados, para así establecer
conexións co resto das noticias, e estruturar o panorama mediático actual.
A
información documentada non debe sustentarse na opinión; debe ser investigada,
explicada, precisa e por tanto obxectiva (ou polo menos aproximarse ó ideal
humano de obxectividade). A pesar de todo, isto pode non cumprirse ás veces; xa
que a importancia dada á présa ou á hora de peche nos medios de comunicación, pode
desencadear que a información transmitida non estea debidamente contrastada. Esta
circunstancia, sucede a miúdo con noticias cunha única fonte, coma as que
proporcionan as axencias de prensa ou as que son promovidas por unha soa fonte humana (declaracións oficiais
dun personaxe). O exceso de fontes, pode chegar a ser un defecto na emisión de
información obxectiva, como tamén o é a sobrecarga de información.
Principais
características da información de actualidade:
-Coincidencia episódica: As mesmas
noticias, son ofrecidas por todos os medios de comunicación en horarios
semellantes, orixinando monotonía temática e derivando nunha interpretación
coincidente por parte de toda a audiencia.
-Redundancia cíclica:
A actividade xornalística céntrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Hai
feitos cunha periodicidade predeterminada (frecuencia diaria, semanal, mensual,
trimestral, anual), polo que son previsibles para realizar unha documentación
informativa axeitada.
-Efecto Mateo:
<<Moitos son os chamados e poucos os elixidos>>. Uns poucos
personaxes atraen o interés dos medios comunicativos, dada a súa transcendencia
mediática, mentres que outros apenas aparecen citados. Isto provoca un
desequilibrio no tratamento de información relativa ás persoas.
-Multiplicidad de
soportes: Teletipos, noticias impresas, notas de prensa,
gravacións de audio, comunicados oficiais, materiais audiovisuais, etc…
-Fragmentación da
mensaxe: fragméntanse as mensaxes informativas debido o ritmo
de captación dos acontecementos, diferente ó ritmo de publicación ou de edición
dos medios. Este feito dificulta o proceso de selección e a análise documental.
-Latencia.
A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode
devolverlle o protagonismo a personaxes e feitos, independientemente da súa
antigüidade.
-Documentos compostos.
Os textos ilustrados con fotografías e gráficos, por exemplo, plantexan
dificultades para a súa organización documental, e para a posterior
recuperación documental.
-Lei do mínimo esforzo.
A celeridade coa que se adoita traballar nas redaccións, vai en detrimento da
información elaborada e completa.
-Estratificación de
usuarios e usos. Trabállase para usuarios moi
diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
-Relatividade de significado. Os
documentos xornalísticos cambian o seu significado en distintos contextos, e
admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios, o que os fai
polivalentes.
Unha
característica máis a ter en conta, é a omisión
por parte dos medios de comunicación, de información, xa sexa voluntaria ou
involuntariamente.
7 e 8) FUNCIÓNS e
FINALIDADES:
A
función principal da documentación informativa, é o establecemento de
mecanismos propios de análise e de medición da información, entre creador do documento
e usuario do mesmo. Este proceso
documental ten dúas finalidades básicas: facilitar a recuperación e uso da
información polos usuarios, e garantir a súa conservación; finalidades determinadas
polas características presentes na información recollida:
-A
verificación da exactitude da
información e da corrección dos datos (problemas ortográficos, dudas
idiomáticas, precisión nas datas…)
-A
contextualización ou utilización de
conxuntos de datos, dossieres temáticos e cronoloxías que apoian a información,
desempeñando unha función complementaria e de síntesis.
-O
apoio visual da información mediante
fotografías, gráficos, infografías, mapas, tablas…
-A
actuación como memoria dinámica da
propia documentación informativa.
-A
investigación, a cal permite
preparar, estudiar e repasar a información antes de incorporala o material
propio, en pezas informativas como as cronoloxías, biografías de personaxes,
etc...
O
fin que perseguía a documentación informativa na súa orixe non varía do
actual, reducíndose fundamentalmente á recompilación de datos e apuntamentos
con distintas fontes e soportes: libros,
artigos de revista, recortes de prensa, manuais legais, videocintas, cassetes
musicais...en definitiva; arquivos de audio e de vídeo: imaxes e gráficos (sobresaen
as fotografías especialmente) ou textos (tanto en soporte físico coma en
formato dixital). Toda esta información acumulada debe ser analizada e verificada,
rexeitando aquela innecesaria e inútil, e reorganizándoa co obxectivo de mellorar,
na medida do posible, a accesibilidade do público á devandita información.
Segundo
os avogados pacifistas que fundaron o Instituto Internacional de Bibiliografía
no ano 1895, os belgas Paul Otlet e Henri La Fontaine, as finalidades da
documentación son catro: A análise e a ordenación
de todos os documentos adquiridos para recuperar íntegramente toda a
información, a xeración de documentos
secundarios como as bibliografías; a conservación
de todo o pensamento humano e por último, a realización do proceso documental con rapidez.
9) CENTRO DE DOCUMENTACIÓN
NUN MEDIO: FUNCIÓNS, CARACTERÍSTICAS E FÍNS:
A documentación nos medios, é a agrupación de bens e servizos proporcionada
polos departamentos de documentación nas empresas xornalísticas; así como os
bens e servizos elaborados e comercializados por empresas especializadas no
actual sistema mediático.
Para interpretar a documentación
informativa nos medios, debemos examinala desde unha tripla perspectiva: en
primeiro lugar como unha disciplina
(estudo da natureza, do deseño e da utilización
dos sistemas de información documental); seguidamente como unha profesión (relacionada cos medios de
comunicación social) e finalmente como sector
económico (entendendo isto como o almacenamento, conservación, localización,
recuperación e emisión de informacións creadas polos medios de comunicación
social).
As funcións principais da documentación
informativa dentro da creación da noticia nos medios, veñen ben recollidas no
traballo do profesor Lluis Codina La Documentación en los medios de
comunicación: situación actual y perspectivas de futuro. Codina sinálanos
tres, que reducen o amplo conxunto de funcións aportadas pola documentación no
proceso de producción da noticia: a función
de calidade, a función de creatividade
e a función de rendibilidade.
Para
concluír…
1.
A intensidade do uso de sistemas de información documental (internos ou
externos) nos medios mantén unha estreita correlación coa calidade da produción
xornalística, tanto no mundo da prensa escrita como no mundo dos audiovisuais.
2.
A información retrospectiva é un dos compoñentes fundamentais para que os
medios de comunicación poidan superar a noción estreita e empobrecedora da noticia como acontecemento puntual. Sen
esa superación, os medios dificilmente poden cumprir cunha das súas funcións principais:
a vixilancia do entorno e a defensa dos intereses cidadáns.
3.
A tendencia á dixitalización e a posta en liña da cultura producirá cambios
importantes na Documentación nos medios, os máis importantes dos cales,
probablemente, serán: importancia crecente dos sistemas de información
documentais nos procesos de produción das empresas con distintas plataformas e
importancia crecente da Investigación en liña no currículo profesional dos
documentalistas.
4.
Desaparecerá, progresivamente, a necesidade dos centros de documentación de prensa
de manter coleccións de documentos de produción allea. En troques diso,
aparecerán centros de documentación virtuais onde deberán xestionarse a base de datos coa produción propia,
coleccións de recursos dixitais e contas de acceso a distribuidores de información
dixital.
5.
Producirase unha confluencia de distintas especialidades da documentación xornalística, a documentación audiovisual, a musical
e a archivística que conducirá á emerxencia dun novo campo de estudos, a
Documentación cultural, e o xurdimento dun novo profesional especializado na
documentación ao servizo da produción cultural.
BIBLIOGRAFÍA DO
TRABALLO:
Fontes dixitais:
-CODINA,
Lluis. “La Documentación
en los medios de comunicación: situación actual y
perspectivas de futuro”. Dpto. B. y D. Universidad Pompeu Fabra <http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/revista/num10/paginas/pdfs/Codina.pdf>
-DEL
VALLE GASTAMINZA, Félix. “La Documentación en la empresa informativa” Facultad
de Ciencias de la Información. Universidad Complutense de Madrid.<http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema14.htm>
Fontes:
-GIMÉNEZ
TOLEDO, Elea: Manual de documentación
para comunicadores, Pamplona, Eunsa, 2007.
-GARCÍA
GUTIÉRREZ, Antonio (ed.): Introducción a
la Documentación Informativa y Periodística, Sevilla, Editorial Mad, S.L,
1999.
-PÉREZ
ALARCÓN, Adoració: La documentació a
l’era de la informació, Barcelona, Edicions de la Universitat Oberta de
Catalunya, 1998.
-AMAT
NOGUERA, Nuria: La documentación y sus
tecnologías, Madrid, Pirámide, 1994.
-MORENO
GALLO, Miguel Ángel: Manual de
documentación para la comunicación, Burgos, Servicio de Publicaciones e
Imagen Institucional Universidad de Burgos, 2009.
-MATTELART,
Armand: Historia de la sociedad de la
información. Nueva edición revisada y ampliada, Barcelona, Paidós, 2007.
No hay comentarios:
Publicar un comentario