domingo, 4 de noviembre de 2012

Síndrome de inmunodeficiencia social adquirido


Artigo de MARINA, José Antonio: “El síndrome de inmunodeficiencia social”. El Mundo Orbyt, 2012.

1) TÍTULO: Síndrome de inmunodeficiencia social adquirido.

2) RESUMO DO ARTIGO:
Neste artigo sacado de ORBYT, José Antonio Marina descríbenos un fenómeno sociológico que prolifera na actualidade: a aceptación por parte da sociedade civil de actuacións reprochables e corruptas no mundo político e empresarial, se cadra, a raíz dunha insensata separación coa sociedade política. A cidadanía, ó verse incapaz de exercer o control sobre a clase política, adoptou unha postura tolerante frente a todos os abusos de poder dos líderes políticos e empresariais. Esta tolerancia cidadá susténtase na desmoralización, no pesimismo escéptico e na impotencia confortable frente a virulenta corrupción e delincuencia actual. O autor preséntanos este problema social mediante un axeitado símil coa acepción clínica de síndrome de inmunodeficiencia. Ante a habitual admisión de comportamentos indecentes e inmorais, o filósofo toledano afirma que existen certos “fármacos”, os cales fortalecerán a integridade da nosa sociedade e combatirán ese síndrome de inmunodeficiencia social. Os máis reseñables segundo el son: o castigo exemplar dos casos delictivos, o fomento do pensamento crítico e racional, a participación cidadá na política e na toma de decisións que afecten o ben común, e a necesidade de defender un marco ético. Para rematar, José Antonio Marina indícanos as grandes terapias contra esa dañina conduta de aceptación do indecente con normalidade: a repulsa social ou aislamento das corruptelas, o respeto e a admiración de quen actúa éticamente e a aplicación da boa educación.

3) CLAVES PARA A AMPLIACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:
Estas son as principais claves, que posibilitarán a ampliación posterior de documentación informativa, sobre o tema plantexado polo filósofo José Antonio Marina no artigo "El síndrome de inmunodeficiencia social":

a) Carencia de pensamento crítico
b) Crenza na inevitabilidade do fenómeno
c) Pesimismo escéptico
d) Impotencia confortable como mostra de colaboracionismo
e) Crenza na tolerancia coma grande virtude da democracia
f) Efecto tóxico da corrupción
g) Castigo exemplar á corrupción e a delicuencia
h) Fomentar o pensamento crítico
i) Partidismo como problema da democracia
j) Separación entre a sociedade política e a sociedade civil
k) Diferenza entre Estado e sociedade
l) Institucións suicidas
m) Ética como norma suave e eficiente de coacción social
n) A repulsa social

4) FONTES E EXPLICACIÓN DA RELEVANCIA:

-CONESA, Ginés. “La sociedad actual adolece de falta de pensamiento crítico” [en línea]. Laverdad.es, 13 de agosto de 2011, <http://www.laverdad.es/murcia/v/20110813/region/sociedad-actual-adolece-falta-20110813.html>   [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte dixital é moi relevante respecto o tema que nos ocupa; a aceptación do indecente como cousa normal, pois tratase dunha entrevista que explica varias das claves anteriores: a da carencia do pensamento crítico, o seu actual fomento e a corrupción existente.

-CASAL, Jesús María; colaboradores Alfredo ARISMENDI y Carlos Luís CARRILLO ARTILES: Tendencias actuales del derecho constitucional. Homenaje a Jesús María Casal Montbrun. Caracas. Universidad Católica Andrés Bello, 2007. <http://books.google.es/books?id=PXLVzGiFTMsC&pg=PA469&lpg=PA469&dq=pesimismo+escéptico+de+la+sociedad&source=bl&ots=DJlT7dHQ5K&sig=J9R0OLYgvC1XmO [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte trata a clave do pesimismo escéptico, pero non só dende o punto de vista sociolóxico, senón que tamén toca o tema desde o enfoque xurídico.

-SAMIA. “Partidismo. La enfermedad de la democracia” [en línea]. Agroforestal.com.mx, 4 de agosto de 2012, <http://agroforestal.com.mx/content/partidismo-la-enfermedad-de-la-democracia> [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte dixital explica detalladamente unha das claves anteriores: porqué o partidismo é un gran problema para a democracia actual.

-Wikipedia (en español). Corrupción en España [en línea]. Wikipedia. <http://es.wikipedia.org/wiki/Corrupci%C3%B3n_en_Espa%C3%B1a> YNFANTE, Jesús. Los negocios ejemplares: Matesa, Sofico, Rumasa. Los negocios del "Caudillo". Toulouse, Monipodio, 1975.  GALIACHO, Juan Luis, y  Carlos BERBELL. Filesa: las tramas del dinero negro en la política. Temas de hoy, Madrid, 1995.  DÍAZ HERRERA, José, y  Isabel DURÁN: El saqueo de España. Temas de hoy, Madrid, 1996.  DÍAZ HERRERA, José, y  Isabel DURÁN: Pacto de Silencio. Temas de hoy, Madrid, 1996.  NIETO, Alejandro. La corrupción en la España democrática. Ariel, Barcelona, 1997.  [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Sorprendentemente, este artigo extraído da Wikipedia, explica de maneira sinxela os principais casos de corrupción en España; facendo unha recopilación cronolóxica desde algunhas corruptelas durante o reinado de Felipe III, pasando pola  corrupción na II República e no Franquismo, ata rematar nos actuais casos de fraude e corrupción urbanística. Mediante este recorrido pola historia do noso país, podemos constatar que se cumpre outra das claves anteriormente citadas: O efecto tóxico da corrupción.

-ROMERO ROISIN, Juan Pablo. “La relación entre Estado y sociedad civil” [en línea].
Politicas.unam.mx,<http://www.politicas.unam.mx/razoncinica/_La_relaci%C3%B3n_entre_Estado_y_sociedad_civil.html>  [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte dixital demóstranos a existencia desa separación entre a sociedade política e a sociedade civil que mencionaba José Antonio Marina no seu artigo. Juan Pablo Romero Roisin danos a explicación a este cisma entre política e sociedade, a través de citas de expertos na materia coma o filósofo francés Nicolas Tenzer ou o xornalista, comentarista político e intelectual estadounidense Walter Lippmann.

5) CONCLUSIÓN:
A principal conclusión que podemos extraer desta breve investigación sobre o síndrome de inmunodeficiencia social descrito por José Antonio Marina, é que a nosa sociedade necesita facer un importante exercicio de reflexión sobre a actual situación; xa que de non facelo, pode chegar a ser insostible: Se permitimos que a separación entre a clase política e a poboación civil se incremente co tempo, se favorecerán os abusos de poder e as actividades ilícitas. Se admitimos e aceptamos os casos delictivos e as actitudes indecentes cunha cómoda impotencia e cunha inoperante tolerancia, chegará o momento en que xa non distinguiremos unha labor política honesta e xusta e doutra  corrompida e indecente.
A cidadanía é quen ostenta o poder e o delega de forma voluntaria no Estado e os seus representantes, por iso somos nós quen debemos fixar os seus límites. O Estado é a estrutura coa que exercer o poder, tan só un instrumento co que desenvolver un fin superior. Esa debe ser a función do Estado, pese a que algúns parece que a olvidaron.  

1 comentario:

  1. Ben, en xeral, pero hai algunhas cuestións que quería aclarar.
    Cando no guión se falta de título, refírese a un título propio, que englobe os contidos ou conclusións do seu traballo. Aquí aparece o título do artigo de Marina, únicamente. E, por suposto, non fai falta poñer 1. Título.
    Habería que facer a referencia completa ao artigo do que partimos, unha referencia que está no guión proposto e que só era copiar e pegar.
    Ben as claves do texto, son puntos de vista propios e que responden á lectura individual do texto de Marina, e delimita 14 claves.
    Fontes sinala 5, ben referenciadas, fronte a 14 claves, parecen poucas fontes. as 2 últimas non teñen a URL con enlace, sería lóxico que sí os tiveran.
    Non entendo ben o de Wikipedia e todos os nomes que aparecen relacionadas con esta fonte. e hai outro matiz, usted escribe ¿tratase dunha entrevista?, pero non di con quen. Habería que precisar, ser máis concretos cando se fai unha selección de fontes, hai que deixar claro cal é a súa importancia e porque, que nos ofrecen específicamente, e isto é máis ou menos doado cando se revisan as fontes.
    Wikipedia é unha obra de referencia, e a partir desa consulta, nos deberíamos buscar sempre as fontes orixinais, as fontes primarias.

    ResponderEliminar