viernes, 23 de noviembre de 2012

Os Precursores da Documentación

PAUL OTLET E HENRI LA FONTAINE


O avogado belga Paul Otlet, é considerado un dos pais da ciencia da Bibliografía e a Documentación, xunto co tamén belga Henri La Fontaine. A repercusión dos seus traballos e actividades, veríase reflectida nunha transcendental corrente investigadora e gnoseolóxica por todo o mundo até os nosos días.


VIDA E OBRA DE PAUL OTLET:

Paul Marie Ghislain Otlet, naceu en Bruxelas o 23 de agosto de 1868. A súa formación e os seus estudos superiores desenvolvéronse na Universidade de Lovaina en París; onde estudou Dereito, Socioloxía e Economía Política. Aquí chegou a adquirir unha reseñable reputación como bibliógrafo de prestixio. Paul Otlet é historicamente coñecido por ser o fundador do Instituto Internacional de Bibliografía.

As inquietudes de Paul Otlet centrábanse na organización lóxica e racional de tódalas ideas e principios, que como positivista e estudioso da doutrina científica, adquirira co paso do tempo durante o seu periplo universitario. As súas achegas foron recollidas na Sociedade de Estudos Sociais e Políticos fundada en Bruxelas en 1891, na cal coñeceu ao que sería máis tarde o seu compañeiro documentalista, o tamén xurista Henri La Fontaine (1853-1943). Xuntos colaboran na constitución do Instituto Internacional de Bibliografía en 1895, onde se plasmarán os pensamentos de Otlet (inspirados polo profesor e prestixioso avogado Edmond Picard) ao redor da suma dos coñecementos e ideas como motor da ciencia, a importancia da orixinalidade e da inventiva, ademais da publicación das ideas en termos de calidade e non cantidade.
Estas iniciativas eran revolucionarias no século XIX, e actualmente forman parte dos valores e parámetros que a documentación moderna ten no seu código de traballo. De feito, Paul Otlet expuña que sen un procedemento que permitise tratar os documentos e publicacións científicas, corríase o risco de duplicar os traballos. Isto sucedería especialmente nas ciencias humanas e sociais, posto que os seus resultados non son tan sistemáticos como os das ciencias naturais ou puras. Para solucionar o devandito problema, os dous avogados pacifistas propoñen varias solucións:
1- A primeira delas sería establecer unha clasificación científica das fontes.
2-A segunda, máis complexa que a anterior, trataría de elaborar un catálogo das fontes que incluíse indización e resumo de cada unha delas.

Baixo estas directrices, Otlet e La Fontaine inician un importante traballo de bibliografía das ciencias para tratar de recompilar, organizar e clasificar as fontes científicas, incluíndo aquelas publicacións primarias. Este traballo continuo e inacabado, deu como resultado a aparición do concepto de coñecemento científico por acumulación. A partir deste momento, os dous publican diversos repertorios de lexislación, ciencias sociais e estatística. Tamén incorporan un vasto repertorio de autores relacionados coas fontes dos repertorios anteriores, o cal posibilita a consulta por autor. Aínda que a bibliografía é coñecida e elaborada desde que existen documentos manuscritos; a relevancia das bibliografías e repertorios de Otlet e La Fontaine, radica na aplicación dun método bibliográfico á investigación científica, a diferenza das bibliografías anteriores. En resumo, Otlet e La Fontaine desenvolven o que se coñecerá despois como o repertorio ou bibliografía científica.

Seguindo esta dinámica de cambios no panorama da información e a bibliografía, sucédense varios acontecementos fundamentais na xénese da documentación como ciencia e obxecto de estudo:
É a finais do século XIX cando Paul Otlet accede á primeira invención en clasificacións bibliográficas; trátase da Clasificación Decimal de Melvil Dewey ou Clasificación Dewey (DDC) inventada por este norteamericano en 1876. Paul Otlet perfecciona o método da clasificación decimal universal de Dewey con varias innovacións como o emprego dunha notación relativa decimal ou símbolos para a combinación das diversas numeracións. Estas melloras e innovacións traducíronse na publicación da Clasificación Decimal Universal, máis coñecida como o CDU.
A nova clasificación permitía a subdivisión das materias e áreas de coñecemento de maneira ilimitada, respondendo ao principio de orde do coñecemento. Isto supuxo o caldo de cultivo dunha nova disciplina científica, que posteriormente se redefiniría como documentación, e a toma de conciencia dun traballo a gran escala, o proxecto RBU ou Repertorio Bibliográfico Universal.

Xa en vésperas da I Guerra Mundial, o Instituto produce xa un repertorio bibliográfico e iconográfico universal, un catálogo central de bibliotecas e numerosos arquivos documentais internacionais; establecendo tamén unha Biblioteca Internacional e un Museo Internacional de métodos documentais. Ademais do desenvolvemento do Instituto e da construción dunha ciencia da documentación, Otlet e La Fontaine fomentan a creación en 1910, da Oficina Central da Unión de Asociacións Internacionais co obxectivo de agrupar nunha rede “las instituciones, federaciones, ligas, congresos, institutos, comisiones, oficinas permanentes, etc.., creadas en el transcurso de los últimos 50 años”, garantindo así “ la cooperación y la coordinación de los esfuerzos con vistas a la reunión de todos los sistemas particulares de unificación y unidades en un sistema general”(La Fontaine y Otlet,1912)

Unha idea que tiña Otlet, era facer do mundo enteiro unha soa cidade e de todos os pobos da terra unha soa familia (Otlet, 1919). Para facer posible esta utopía do Palais Mundial ou Mundaneum, Paul Otlet pelexa en Bruxelas e en Xenebra até asociarse con outras personalidades da época como o arquitecto, deseñador e pintor Le Corbussier. Movido por unha ambición aínda maior, expón un proxecto de Sociedade Intelectual de Nacións para paliar as deficiencias da Sociedade de Nacións. De feito, o programa de Otlet superaba os 14 puntos de Wilson e aconsellaba a composición dunha Sociedade de Nacións na que puidesen intercambiarse diferentes proxectos políticos, pero con preferencia proxectos culturais.

Transcorría o ano 1944 cando Paul Otlet faleceu, un ano máis tarde que o seu amigo e compañeiro de actividades bibliográficas e internacionalistas, Henri La Fontaine. Nos seus anos de existencia, Otlet apenas se concedeu repouso algún; incluso o mesmo día en que morreu, estivo a traballar duro até as sete da tarde co seu novo axudante e compañeiro Georges Lorphévre.
A súa vida foi sen dúbida, unha vida plenamente dedicada á humanidade e á cultura: fundou e organizou asociacións e institutos para promover a expansión do coñecemento intelectual, e para situalo na política dun novo mundo. Bibliógrafo utópico e visionario, Paul Otlet imaxinou e describiu o uso de máquinas aínda sen inventar.


BIBLIOGRAFÍA DO TRABALLO:


Fontes:


-MATTELART, Armand: Historia de la sociedad de la información. Nueva edición revisada y ampliada, Barcelona, Paidós, 2007.

Fontes dixitais:
-ARNAU, Pilar. “Transcendencia de la vida y obra de Paul Otlet” [en línea]. Doctora en Ciencias de la Información, Revistas Científicas Complutenses, Universidad Complutense de Madrid (España)    Madrid, 1995. <http://revistas.ucm.es/byd/11321873/articulos/RGID9595220153A.PDF > [Consulta 23  de noviembre de 2012]


-BLÁZQUEZ OCHANDO, Manuel. “Paul Otlet y Henri La Fontaine: Los Comienzos” [en línea]. Historia de la Ciencia de la Documentación, febrero de 2008, < http://ccdoc-histccdocumentacion.blogspot.com.es/2008/02/06-paul-otlet-y-henry-la-fontaine.html > [Consulta 23  de noviembre de 2012]






domingo, 18 de noviembre de 2012

A documentación e as novas tecnoloxías no cinema


1.DEFINICIÓN:
Primeiramente, debemos definir o recurso documental que nos permite preservar películas e documentais xa elaborados; evitando así que se perdan co paso do tempo. Este instrumento denomínase filmoteca, e podemos definilo coma o arquivo especializado na catalogación, na conservación (se cadra tamén restauración) e na consulta de documentos cinematográficos. Sen dúbida, unha maneira particular de gardar aqueles materiais documentais, que son á vez o soporte dunha fonte audiovisual de información e unha forma de expresión artística en si mesma (o cinema). Tamén chamamos filmoteca, o lugar concreto onde se almacenan filmes ordenados para a súa conservación, exhibición e estudo.

2.ORIXE:
As primeiras filmotecas xorden co propósito de conservar como patrimonio histórico-cultural, aquelas películas que perderan o seu valor comercial ao deixar de ser proxectadas nas salas de cinema e nos locais culturais. A necesidade de arquivar o material filmado, para a súa posterior análise, estruturación e recuperación,  aparece coa chegada do cinema sonoro. Isto desembocou nunha progresiva marxinación das salas comerciais do cinema mudo, a partir de 1930.

3. SINGULARIDADES  DOS ARQUIVOS CINEMATOGRÁFICOS:
En base os estudos de Alfonso del Amo, xefe de investigación dos fondos fílmicos da Filmoteca Española, podemos destacar esta serie de peculiaridades nos arquivos documentais de cinema:

1) Como sinala o autor, os arquivos cinematográficos diferéncianse de case todos os demais por unha característica fundamental: A organización. Nos andeis dos almacéns dunha filmoteca non están as películas, tan só os rexistros; a través de cuxo visionado e utilizando os equipos adecuados poderemos acceder ás obras da cinematografía.

2) Daquela, a conservación da cinematografía esixe da conservación de dous tipos de materiais distintos: os rexistros que conteñen a información e os equipos que permiten acceder a ela.
Se os rexistros deterióranse, é evidente que se perderá información; pero se os equipos modifícanse ou desaparecen, a perda de información pode ser moito máis drástica e prexudicial.

3) O cinema funciona sobre unha longa cadea de reproducións.  Así que traballamos sobre reproducións; e isto debe articular a nosa actuación.

4) Segundo afirma Alfonso del Amo, o proceso que sigue esta orde diacrónica: Realidade --> Filmación --> Negativo --> Positivo --> Proxección  --> Percepción representa só unha simplificación, do que pode chegar a ser a cadea de reproducións (ou duplicacións) na actividade dun arquivo cinematográfico. Cada unha destas etapas (digamos que cada frecha) representa o uso de equipos, técnicas e sistemas de traballo complexos, que foron e están sendo modificados constantemente.

5) Cada modificación dos equipos ou dos métodos de traballo, pode representar unha modificación das obras cinematográficas contidas nos rexistros que tan coidadosamente conservamos.
Isto xa ocorreu no pasado, nas primeiras filmotecas nacidas durante os anos 30. Estas filmotecas pretendían conservar o cinema mudo, pero como non puideron conservar os equipos e os sistemas de traballo sobre os que funcionaba o cinema mudo; introduciron cambios fundamentais na nosa percepción desa determinada cinematografía. Nalgunha medida contribuíron a “falsificala” ou “intoxicala”.

6) Un arquivo cinematográfico que se dedique, exclusiva e esmeradamente a conservar as películas, é posible que non logre conservar as obras cinematográficas as que pertencen eses filmes. De feito,  un arquivo cinematográfico que conserve as películas desconectadas do medio técnico no que se produciron, estará a actuar como un coleccionista e non como un arquivo.

7) Percíbese tamén no cinema, outra característica que o diferenza das demais actividades documentais que se resolven na produción de rexistros archivables; e é que o cinema non funciona sobre o material orixinal. A única propiedade atribuíble ao negativo orixinal, é que el é o primeiro material almacenable e sobre el empeza unha cadea de reproducións, que terminará cando a obra cinematográfica volva ser reproducida ante os ollos dun usuario concreto.


4.OBXECTIVO PRINCIPAL DOS ARQUIVOS CINEMATOGRÁFICOS:
Co visto ate o de agora somos capaces de deducir o obxectivo principal do arquivo de cinema: Conseguir que a cadea de reproducións funcione ata o final, para que as obras cinematográficas chéguennos tal coma foron realizadas orixinalmente.


5.EXEMPLO DE FILMOTECA: CINEDOCNET.com
CINEDOCNET.com é un sitio sobre documentación-xestión da información cinematográfica; unha actuación académica no ámbito do Servizo de Documentación Multimedia, da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. CINEDOCNET.com se sitúa como a primeira lista de distribución electrónica sobre documentación cinematográfica española na era dixital. Este servizo atópase vinculado desde 1993, á Área de tratamento e difusión da información do Departamento de Biblioteconomía e Documentación da citada facultade (www.ucm.es/info/multidoc).
O obxectivo prioritario desta ferramenta universitaria  electrónica, é documentar a produción, difusión, formación, investigación, conservación e recuperación do cinema español; en estreita relación coas tecnoloxías dixitais aplicadas á comunicación cinematográfica. Esta lista aberta está suxeita á colaboración e á participación como punto de encontro de: cineastas, profesionais e institucións cinematográficas; investigadores, xornalistas, críticos; programadores, historiadores, docentes, bibliotecarios e documentalistas... todos eles vinculados dunha ou outra forma, ao ámbito do cinema en España . Por outro lado, a lista ten a intención de servir de instrumento de difusión informativa a nivel global, do patrimonio cinematográfico español na actual sociedade da información.
Os recursos de CINEDOCNET.com aparecen estruturados en cinco grandes bloques temáticos, abertos en todo momento ás contribucións dos participantes:
a)      Produción, postproducción, distribución e exhibición; é dicir, bases de datos electrónicas, hardware e software.

b)      Difusión informativa. Isto abrangue: medios de comunicación, servizos e centros de información e documentación, outras institucións informativas (produtoras e distribuidoras, festivais, congresos, asociacións e federacións, grupos de investigación, premios...);

c)      Formación: novas metodoloxías, tanto de ensino como de aprendizaxe.

d)     Investigación, entendendo isto como teses doutorais, estudos monográfico-documentais multimedia, linguaxes documentais, sistematización automatizada de contidos, fontes de información, fontes documentais para profesionais...

e)      Conservación e recuperación do patrimonio cinematográfico: arquivos, bibliotecas e centros de documentación, filmotecas, museos e outras institucións especializadas.


BIBLIOGRAFÍA DO TRABALLO:
Fontes dixitais:
-AMO GARCÍA, Alfonso del. “Notas para el diseño de un archivo cinematográfico”[en línea]. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales Filmoteca Española. (España) Alicante, 2001. <http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/07037393166869351932268/indice2.htm > [Consulta: 18 noviembre 2012]
-SEDIC, Asociación Española de Documentación e Información, (España). Archivos fílmicos.Los materiales cinematográficos y su procesamiento documental [en línea]. Descripción de cursos presenciales en la página web de la SEDIC. Última fecha de actualización: 25 de marzo de 2008 <http://www.sedic.es/f_cursosm-descripcion_08_1tr11.asp > [Consulta: 18 de Noviembre 2012]
- ARELLANO PARDO, Mª del Carmen. “Tema 12. Documentación Audiovisual (I): la documentación en televisión y cine” [en línea]. Documentación Informativa, Universidad Rey Juan Carlos. (España)  Madrid, 2009.  <http://www.fcjs.urjc.es/paginas/carellan/tema12.html#1> [Consulta: 18 de Noviembre 2012]
- LÓPEZ YEPES, Alfonso. Presentación CINEDOCNET.com [en línea]. Página web CINEDOCNET.com, Facultad de Ciencias de la Información de la Universidad Complutense de Madrid (España)   Madrid, 2012. <http://www.cinedocnet.com/p/presentacion.html > [Consulta: 18 de Noviembre 2012]

domingo, 4 de noviembre de 2012

Síndrome de inmunodeficiencia social adquirido


Artigo de MARINA, José Antonio: “El síndrome de inmunodeficiencia social”. El Mundo Orbyt, 2012.

1) TÍTULO: Síndrome de inmunodeficiencia social adquirido.

2) RESUMO DO ARTIGO:
Neste artigo sacado de ORBYT, José Antonio Marina descríbenos un fenómeno sociológico que prolifera na actualidade: a aceptación por parte da sociedade civil de actuacións reprochables e corruptas no mundo político e empresarial, se cadra, a raíz dunha insensata separación coa sociedade política. A cidadanía, ó verse incapaz de exercer o control sobre a clase política, adoptou unha postura tolerante frente a todos os abusos de poder dos líderes políticos e empresariais. Esta tolerancia cidadá susténtase na desmoralización, no pesimismo escéptico e na impotencia confortable frente a virulenta corrupción e delincuencia actual. O autor preséntanos este problema social mediante un axeitado símil coa acepción clínica de síndrome de inmunodeficiencia. Ante a habitual admisión de comportamentos indecentes e inmorais, o filósofo toledano afirma que existen certos “fármacos”, os cales fortalecerán a integridade da nosa sociedade e combatirán ese síndrome de inmunodeficiencia social. Os máis reseñables segundo el son: o castigo exemplar dos casos delictivos, o fomento do pensamento crítico e racional, a participación cidadá na política e na toma de decisións que afecten o ben común, e a necesidade de defender un marco ético. Para rematar, José Antonio Marina indícanos as grandes terapias contra esa dañina conduta de aceptación do indecente con normalidade: a repulsa social ou aislamento das corruptelas, o respeto e a admiración de quen actúa éticamente e a aplicación da boa educación.

3) CLAVES PARA A AMPLIACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:
Estas son as principais claves, que posibilitarán a ampliación posterior de documentación informativa, sobre o tema plantexado polo filósofo José Antonio Marina no artigo "El síndrome de inmunodeficiencia social":

a) Carencia de pensamento crítico
b) Crenza na inevitabilidade do fenómeno
c) Pesimismo escéptico
d) Impotencia confortable como mostra de colaboracionismo
e) Crenza na tolerancia coma grande virtude da democracia
f) Efecto tóxico da corrupción
g) Castigo exemplar á corrupción e a delicuencia
h) Fomentar o pensamento crítico
i) Partidismo como problema da democracia
j) Separación entre a sociedade política e a sociedade civil
k) Diferenza entre Estado e sociedade
l) Institucións suicidas
m) Ética como norma suave e eficiente de coacción social
n) A repulsa social

4) FONTES E EXPLICACIÓN DA RELEVANCIA:

-CONESA, Ginés. “La sociedad actual adolece de falta de pensamiento crítico” [en línea]. Laverdad.es, 13 de agosto de 2011, <http://www.laverdad.es/murcia/v/20110813/region/sociedad-actual-adolece-falta-20110813.html>   [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte dixital é moi relevante respecto o tema que nos ocupa; a aceptación do indecente como cousa normal, pois tratase dunha entrevista que explica varias das claves anteriores: a da carencia do pensamento crítico, o seu actual fomento e a corrupción existente.

-CASAL, Jesús María; colaboradores Alfredo ARISMENDI y Carlos Luís CARRILLO ARTILES: Tendencias actuales del derecho constitucional. Homenaje a Jesús María Casal Montbrun. Caracas. Universidad Católica Andrés Bello, 2007. <http://books.google.es/books?id=PXLVzGiFTMsC&pg=PA469&lpg=PA469&dq=pesimismo+escéptico+de+la+sociedad&source=bl&ots=DJlT7dHQ5K&sig=J9R0OLYgvC1XmO [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte trata a clave do pesimismo escéptico, pero non só dende o punto de vista sociolóxico, senón que tamén toca o tema desde o enfoque xurídico.

-SAMIA. “Partidismo. La enfermedad de la democracia” [en línea]. Agroforestal.com.mx, 4 de agosto de 2012, <http://agroforestal.com.mx/content/partidismo-la-enfermedad-de-la-democracia> [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte dixital explica detalladamente unha das claves anteriores: porqué o partidismo é un gran problema para a democracia actual.

-Wikipedia (en español). Corrupción en España [en línea]. Wikipedia. <http://es.wikipedia.org/wiki/Corrupci%C3%B3n_en_Espa%C3%B1a> YNFANTE, Jesús. Los negocios ejemplares: Matesa, Sofico, Rumasa. Los negocios del "Caudillo". Toulouse, Monipodio, 1975.  GALIACHO, Juan Luis, y  Carlos BERBELL. Filesa: las tramas del dinero negro en la política. Temas de hoy, Madrid, 1995.  DÍAZ HERRERA, José, y  Isabel DURÁN: El saqueo de España. Temas de hoy, Madrid, 1996.  DÍAZ HERRERA, José, y  Isabel DURÁN: Pacto de Silencio. Temas de hoy, Madrid, 1996.  NIETO, Alejandro. La corrupción en la España democrática. Ariel, Barcelona, 1997.  [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Sorprendentemente, este artigo extraído da Wikipedia, explica de maneira sinxela os principais casos de corrupción en España; facendo unha recopilación cronolóxica desde algunhas corruptelas durante o reinado de Felipe III, pasando pola  corrupción na II República e no Franquismo, ata rematar nos actuais casos de fraude e corrupción urbanística. Mediante este recorrido pola historia do noso país, podemos constatar que se cumpre outra das claves anteriormente citadas: O efecto tóxico da corrupción.

-ROMERO ROISIN, Juan Pablo. “La relación entre Estado y sociedad civil” [en línea].
Politicas.unam.mx,<http://www.politicas.unam.mx/razoncinica/_La_relaci%C3%B3n_entre_Estado_y_sociedad_civil.html>  [Consulta: 3 de noviembre de 2012]
Esta fonte dixital demóstranos a existencia desa separación entre a sociedade política e a sociedade civil que mencionaba José Antonio Marina no seu artigo. Juan Pablo Romero Roisin danos a explicación a este cisma entre política e sociedade, a través de citas de expertos na materia coma o filósofo francés Nicolas Tenzer ou o xornalista, comentarista político e intelectual estadounidense Walter Lippmann.

5) CONCLUSIÓN:
A principal conclusión que podemos extraer desta breve investigación sobre o síndrome de inmunodeficiencia social descrito por José Antonio Marina, é que a nosa sociedade necesita facer un importante exercicio de reflexión sobre a actual situación; xa que de non facelo, pode chegar a ser insostible: Se permitimos que a separación entre a clase política e a poboación civil se incremente co tempo, se favorecerán os abusos de poder e as actividades ilícitas. Se admitimos e aceptamos os casos delictivos e as actitudes indecentes cunha cómoda impotencia e cunha inoperante tolerancia, chegará o momento en que xa non distinguiremos unha labor política honesta e xusta e doutra  corrompida e indecente.
A cidadanía é quen ostenta o poder e o delega de forma voluntaria no Estado e os seus representantes, por iso somos nós quen debemos fixar os seus límites. O Estado é a estrutura coa que exercer o poder, tan só un instrumento co que desenvolver un fin superior. Esa debe ser a función do Estado, pese a que algúns parece que a olvidaron.  

sábado, 20 de octubre de 2012

BREVE INTRODUCCIÓN Á DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA



1) RESUMO:
O obxectivo será presentar unha breve investigación sobre a documentación informativa: a súa orixe, o seu desenvolvemento coma ciencia informativa, os cambios que vai sufrindo a medida que xurde unha nova tipoloxía de fontes informativas (como as bases de datos na rede, os catálogos bibliotecarios ou os inventarios); así como as diversas aplicacións que ten a documentación informativa e a súa estreita relación co xornalismo.


2) PALABRAS CLAVE:
Hai unha serie de palabras relacionadas coa documentación informativa, que aparecerán ó longo desta breve investigación. As máis frecuentes son estas: documento, información, proceso documental ou tratamento documental, sistemas de información, arquivos, bibliotecas, centros de documentación, inventarios, catálogos e base de datos.


3) INTRODUCCIÓN:
A documentación é unha disciplina que nace a finais do século XIX, en función dun proxecto trazado por dous abogados belgas, Paul Otlet e Henri la Fontaine, cuxa idea foi constituír un libro universal do saber que recollese todo o coñecemento humano. Esta iniciativa reflicte claramente o positivismo característico de s.XIX, é dicir un sistema filosófico baseado no coñecemento empírico dos fenómenos naturais, que emprega o método de coñecemento indutivo, co cal podemos obter un enunciado xeral a partir de enunciados de casos particulares. Esta corrente filosófica, permite confrontar os feitos coas ideas, as ciencias experimentais fronte as ciencias teóricas.
Neste contexto de desenvolvemento intelectual e revolución científica, prodúcese un incremento das Academias científicas, a aparición de revistas de carácter científico, artístico e de divulgación, o progresivo aumento de xornais, a invención da fotografía e do cinematógrafo, así como o telégrafo e a radiodifusión, en resumo: un conxunto de acontecementos que propician o comezo da globalización. Ante o incremento exponencial da información publicada, a documentación aparece co obxectivo de convertirse  nunha ciencia informativa de carácter social, cunha clara función mediadora entre o creador da información e o receptor da mesma. Tamén xurde como instrumento de xestión de arquivos e valoración de datos, análises e opinión. Finalmente, este tratamento documental da información chega o xornalismo e a literatura tras a 2ª Guerra Mundial.


4) CONCEPTO:
Lluis Colina nos propón unha definición de documentación informativa que se axusta perfectamente o noso contexto dos medios de comunicación. Colina concibe esta disciplina como <<o conxunto de ciencias e técnicas documentais ó servicio de: 1) a producción de informacións de actualidade, 2) o incremento da súa calidade, 3) o seu almacenamento e conservación, 4) a súa difusión e reutilización>>. Esta é unha forma clara e completa de ilustrar o concepto de documentación, que contrasta de maneira significativa coas definicións aportadas por outros autores:
En opinión de Elea Giménez Toledo (2007,15), entendemos por documentación informativa, a aquela disciplina científica que trata de recompilar, estructurar, analizar e difundir a información contida nos distintos tipos de documentos xa existentes, co obxectivo de axilizar o proceso de recuperación e localización de documentos, xusto no momento en que son necesarios para o desenvolvemento dun traballo.
Como ben expón Antonio García Gutiérrez (1999,45); a documentación é o procedemento e ferramenta que axuda a comprender e ordear o caos cognitivo, xurdido a partir do crecemento exponencial da información tecnocentífica no entorno da revolución industrial do século XIX. Nela percibimos un claro uso de criterios científicos de organización e circulación. Ademais, a Documentación é un útil instrumento co que  xerar procesos de organización e circulación de todo tipo de coñecementos.
Para Adoració Pérez Alarcón, a documentación informativa é << unha disciplina que se ocupa básicamente de aplicar unha chea de técnicas, que permiten estruturar e organizar os documentos, nos chamados sistemas de información. Só así será posible a recuperación e localización dos documentos, da información>>
Coas catro definicións  otorgadas por estes expertos, queda delimitado o concepto de “documentación informativa”.


5) PRINCIPIOS:
Distinguimos esencialmente dous tipos de principios da documentación informativa, en base os estudos de Félix del Valle Gastaminza, profesor da Universidade Complutense de Madrid:
En primeiro lugar, os principios teleolóxicos; marcados polos obxectivos fundamentais da información xornalística (é dicir, a veracidade informativa e a súa comprensión por parte do destinatario). Os principios teleolóxicos son tres:

a)      O principio verificativo; entendido como a “causa orixinaria fundamental da actividade documental xornalística, polo cal esta se orienta cara á consecución da verdade informativa”.
b)      O principio explicativo; entendido como a “causa final específica da actividade documental xornalística. Este principio axuda á comprensión da verdade informativa, mediante a valoración e potenciación da comunicabilidade e do carácter aclaratorio dos textos e referencias, cuxa veracidade xa se comprobara e completara”.
c)      O principio editorial; o cal constitúe unha perspectiva subxectiva das anteriores, e reúne ademáis dúas dimensións: a dimensión ideolóxica (identificada coa liña editorial do medio) e a dimensión formal.

En segundo lugar, achamos os principios formais e circunstanciais. Xa sabemos que a finalidade principal da documentación, está no seu posterior uso, polo que é necesario determinar a utilización futura das fontes; tendo en conta que hai certas circunstancias que restrinxen a documentación. Estes principios veñen recollidos en tres puntos destacables:

a)      O principio de perdurabilidade; coñecido coma a “razón formal da actividade documental xornalística, que tende a determinar a utilidade futura e o grao de permanencia de textos e referencias”.
b)      O principio de adecuación funcional; é unha “regra metodolóxica na actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta ao tratamento específico de cada tarefa e medio documental, de acordo coa súa natureza e a función que realiza”.
c)      O principio limitativo. Este principio, abrangue o conxunto de circunstancias reais da actividade documental xornalística que limitan o seu exercicio; isto é, a localización, o ámbito de difusión, o tipo de publicación, a periodicidade...


6) CARACTERÍSTICAS DA INFORMACIÓN DE ACTUALIDADE:

A información de actualidade, é unha concepción que empregamos para condensar a información recibida a través das actividades políticas, económicas, sociais e culturais do home. No xornalismo, é necesario contextualizar a noticia no tempo e lugar en que acontece; ademáis de relacionala debidamente cos temas anteriormente citados, para así establecer conexións co resto das noticias, e estruturar o panorama mediático actual.

A información documentada non debe sustentarse na opinión; debe ser investigada, explicada, precisa e por tanto obxectiva (ou polo menos aproximarse ó ideal humano de obxectividade). A pesar de todo, isto pode non cumprirse ás veces; xa que a importancia dada á présa ou á hora de peche nos medios de comunicación, pode desencadear que a información transmitida non estea debidamente contrastada. Esta circunstancia, sucede a miúdo con noticias cunha única fonte, coma as que proporcionan as axencias de prensa ou as que son promovidas por  unha soa fonte humana (declaracións oficiais dun personaxe). O exceso de fontes, pode chegar a ser un defecto na emisión de información obxectiva, como tamén o é a sobrecarga de información.

Principais características da información de actualidade:

-Coincidencia episódica: As mesmas noticias, son ofrecidas por todos os medios de comunicación en horarios semellantes, orixinando monotonía temática e derivando nunha interpretación coincidente por parte de toda a audiencia.
-Redundancia cíclica: A actividade xornalística céntrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Hai feitos cunha periodicidade predeterminada (frecuencia diaria, semanal, mensual, trimestral, anual), polo que son previsibles para realizar unha documentación informativa axeitada.

-Efecto Mateo: <<Moitos son os chamados e poucos os elixidos>>. Uns poucos personaxes atraen o interés dos medios comunicativos, dada a súa transcendencia mediática, mentres que outros apenas aparecen citados. Isto provoca un desequilibrio no tratamento de información relativa ás persoas.
-Multiplicidad de soportes: Teletipos, noticias impresas, notas de prensa, gravacións de audio, comunicados oficiais, materiais audiovisuais, etc…
-Fragmentación da mensaxe: fragméntanse as mensaxes informativas debido o ritmo de captación dos acontecementos, diferente ó ritmo de publicación ou de edición dos medios. Este feito dificulta o proceso de selección e a análise documental.
-Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode devolverlle o protagonismo a personaxes e feitos, independientemente da súa antigüidade.
-Documentos compostos. Os textos ilustrados con fotografías e gráficos, por exemplo, plantexan dificultades para a súa organización documental, e para a posterior recuperación documental.
-Lei do mínimo esforzo. A celeridade coa que se adoita traballar nas redaccións, vai en detrimento da información elaborada e completa.
-Estratificación de usuarios e usos. Trabállase para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
-Relatividade de significado. Os documentos xornalísticos cambian o seu significado en distintos contextos, e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios, o que os fai polivalentes.

Unha característica máis a ter en conta, é a omisión por parte dos medios de comunicación, de información, xa sexa voluntaria ou involuntariamente.


7 e 8) FUNCIÓNS e FINALIDADES:
A función principal da documentación informativa, é o establecemento de mecanismos propios de análise e de medición da información, entre creador do documento e  usuario do mesmo. Este proceso documental ten dúas finalidades básicas: facilitar a recuperación e uso da información polos usuarios, e garantir a súa conservación; finalidades determinadas polas características presentes na información recollida:

-A verificación da exactitude da información e da corrección dos datos (problemas ortográficos, dudas idiomáticas, precisión nas datas…)
-A contextualización ou utilización de conxuntos de datos, dossieres temáticos e cronoloxías que apoian a información, desempeñando unha función complementaria e de síntesis.
-O apoio visual da información mediante fotografías, gráficos, infografías, mapas, tablas…
-A actuación como memoria dinámica da propia documentación informativa.
-A investigación, a cal permite preparar, estudiar e repasar a información antes de incorporala o material propio, en pezas informativas como as cronoloxías, biografías de personaxes, etc...

O fin que perseguía a documentación informativa na súa orixe non varía do actual, reducíndose fundamentalmente á recompilación de datos e apuntamentos con distintas  fontes e soportes: libros, artigos de revista, recortes de prensa, manuais legais, videocintas, cassetes musicais...en definitiva; arquivos de audio e de vídeo: imaxes e gráficos (sobresaen as fotografías especialmente) ou textos (tanto en soporte físico coma en formato dixital). Toda esta información acumulada debe ser analizada e verificada, rexeitando aquela innecesaria e inútil, e reorganizándoa co obxectivo de mellorar, na medida do posible, a accesibilidade do público á devandita información.

Segundo os avogados pacifistas que fundaron o Instituto Internacional de Bibiliografía no ano 1895, os belgas Paul Otlet e Henri La Fontaine, as finalidades da documentación son catro: A análise e a ordenación de todos os documentos adquiridos para recuperar íntegramente toda a información, a xeración de documentos secundarios como as bibliografías; a conservación de todo o pensamento humano e por último, a realización do proceso documental con rapidez.


9) CENTRO DE DOCUMENTACIÓN NUN MEDIO: FUNCIÓNS, CARACTERÍSTICAS E FÍNS:

A documentación nos medios, é a agrupación de bens e servizos proporcionada polos departamentos de documentación nas empresas xornalísticas; así como os bens e servizos elaborados e comercializados por empresas especializadas no actual sistema mediático.

Para interpretar a documentación informativa nos medios, debemos examinala desde unha tripla perspectiva: en primeiro lugar como unha disciplina (estudo da natureza,  do deseño e da utilización dos sistemas de información documental); seguidamente como unha profesión (relacionada cos medios de comunicación social) e finalmente como sector económico (entendendo isto como o almacenamento, conservación, localización, recuperación e emisión de informacións creadas polos medios de comunicación social).

As funcións principais da documentación informativa dentro da creación da noticia nos medios, veñen ben recollidas no traballo do profesor Lluis Codina  La Documentación en los medios de comunicación: situación actual y perspectivas de futuro. Codina sinálanos tres, que reducen o amplo conxunto de funcións aportadas pola documentación no proceso de producción da noticia: a función de calidade, a función de creatividade e a función de rendibilidade.

Para concluír…
1. A intensidade do uso de sistemas de información documental (internos ou externos) nos medios mantén unha estreita correlación coa calidade da produción xornalística, tanto no mundo da prensa escrita como no mundo dos audiovisuais.
2. A información retrospectiva é un dos compoñentes fundamentais para que os medios de comunicación poidan superar a noción estreita e empobrecedora  da noticia como acontecemento puntual. Sen esa superación, os medios dificilmente poden cumprir cunha das súas funcións principais: a vixilancia do entorno e a defensa dos intereses cidadáns.
3. A tendencia á dixitalización e a posta en liña da cultura producirá cambios importantes na Documentación nos medios, os máis importantes dos cales, probablemente, serán: importancia crecente dos sistemas de información documentais nos procesos de produción das empresas con distintas plataformas e importancia crecente da Investigación en liña no currículo profesional dos documentalistas.
4. Desaparecerá, progresivamente, a necesidade dos centros de documentación de prensa de manter coleccións de documentos de produción allea. En troques diso, aparecerán centros de documentación virtuais onde deberán xestionarse  a base de datos coa produción propia, coleccións de recursos dixitais e contas de acceso a distribuidores de información dixital.
5. Producirase unha confluencia de distintas especialidades da documentación  xornalística, a documentación audiovisual, a musical e a archivística que conducirá á emerxencia dun novo campo de estudos, a Documentación cultural, e o xurdimento dun novo profesional especializado na documentación ao servizo da produción cultural.





BIBLIOGRAFÍA DO TRABALLO:

Fontes dixitais:
-CODINA, Lluis.  “La Documentación en los medios de comunicación: situación actual y perspectivas de futuro”. Dpto. B. y D. Universidad Pompeu Fabra <http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/revista/num10/paginas/pdfs/Codina.pdf>

-DEL VALLE GASTAMINZA, Félix. “La Documentación en la empresa informativa” Facultad de Ciencias de la Información. Universidad Complutense de Madrid.<http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema14.htm>


Fontes:
-GIMÉNEZ TOLEDO, Elea: Manual de documentación para comunicadores, Pamplona, Eunsa, 2007.
-GARCÍA GUTIÉRREZ, Antonio (ed.): Introducción a la Documentación Informativa y Periodística, Sevilla, Editorial Mad, S.L, 1999.
-PÉREZ ALARCÓN, Adoració: La documentació a l’era de la informació, Barcelona, Edicions de la Universitat Oberta de Catalunya, 1998.
-AMAT NOGUERA, Nuria: La documentación y sus tecnologías, Madrid, Pirámide, 1994.
-MORENO GALLO, Miguel Ángel: Manual de documentación para la comunicación, Burgos, Servicio de Publicaciones e Imagen Institucional Universidad de Burgos, 2009.
-MATTELART, Armand: Historia de la sociedad de la información. Nueva edición revisada y ampliada, Barcelona, Paidós, 2007.

sábado, 13 de octubre de 2012

Análise da marcha Rodear el Congreso


Qué pasou onte (25/9/12) en Madrid?
-Houbo unha manifestación cidadá multitudinaria (6.000 manifestantes segundo os datos da Delegación do Goberno) entorno ó Congreso dos Deputados para cercar a Cámara baixa e protestar polos recortes e reformas tomadas polo Goberno central. Esta movilización, que se denominou 25-S Rodea el Congreso, foi convocada por diferentes grupos sociais e plataformas cidadás como ¡Democracia Real YA!, En Pie e Coordinadora 25 de Septiembre. Frente os manifestantes, se dispuxo un amplio dispositivo policial (con máis de 1.300 axentes procedentes de 30 dos 52 grupos das Unidades de Intervención Policial (UIP) da Policía Nacional, vidos de tódalas partes de España, segundo informa El País). A concentración acabou en traxedia polo violento enfrontamento da Policía con varios manifestantes exaltados, que se saldou con 64 feridos (27 dos cales son axentes de policía) e 35 detidos.


Qué papel xogou a policía?
-A policía xogou un papel disuasorio mediante unha serie de cargas e detencións. Segundo a Policía Nacional, se estableceu un gran dispositivo (composto por uns 1.300 axentes) entorno ó Congreso ante a dificultade de calcular a asistencia á manifestación convocada; xa que esta movilización, organizouse a través das redes sociais. En total, había tres aneis de seguridade en torno á Cámara; dos cales dous se pecharon a cal e canto antes das seis da tarde. Un grupo policial de guías caninos, ademáis dalgunhas unidades de caballería, completaban o cordón policial. En torno ás sete da tarde, produciuse un altercado cun pequeno grupo de manifestantes que querían traspasar as vallas da Plaza de Neptuno, as cales impedían o acceso ó Congreso. Este incidente supuxo a primeira das cargas policiais e os primeiros arrestos. A intervención policial e as primeiras detencións, calentaron os ánimos dos manifestantes na praza; e dúas horas despois, a situación recrudeceuse ata converterse nun disturbio caótico, con sucesivas cargas de policía que incluíron lanzamentos de pelotas de goma, e ás que responderon algúns participantes lanzando todo tipo de obxectos: botellas, pilas, chisqueiros…


Qué papel xogaron os manifestantes?
-Os manifestantes exerceron o seu dereito de manifestarse, e de mostrar o seu descontento ante a pasividade e inoperancia da clase política española,  á hora de achar solucións a esta grave situación que está a atravesar o país; en especial as políticas e medidas que está levando a cabo o Goberno que preside Mariano Rajoy. A movilización foi autorizada pola Delegación del Gobierno para ese día 25 de Setembro de 2012 e xa desde o primerio momento, os convocantes plantexárona coma unha marcha pacífica. Aínda  que os convocantes da manifestación insistieron ata o último momento no carácter pacífico da protesta, a tensión entre asistentes e axentes de policía foi incrementándose  coas sucesivas cargas.  Esta tensión e rabia contida, acabou por liberarse nun lance violento entre civís desarmados (ou armados con obxectos cotiáns)  e policías equipados con material antidisturbios como porras, escudos e cascos, rematando a concentración co xa comentado resultado de 64 feridos e 35 detidos.


Qué papel xogou a clase política? Cantos diputados asistían ao pleno?
-A clase política, pareceu vivir allea o suceso que estaba a acontecer a escasos metros deles, fóra do Congreso dos Deputados, e seguiu con aparente normalidade o pleno do día como se nada pasara; aínda que é a súa ineficaz labor de xestión da crise, a razón principal da convocatoria da manifestación 25-S Rodea el Congreso. Para evitar ser abucheados e silbados, a gran maioría dos 50 deputados (dun total de 350 deputados) que asistiron a sesión plenaria, chegaron varias horas antes de que os manifestantes se concentraran entorno á Cámara baixa.


Qué pasou no pleno do Congreso?
-No pleno dese 25 de Setembro, desenvolveuse a sesión de forma habitual e tratáronse os diferentes temas con aparente normalidade, aínda que o principal tema de conversación era cómo saír do cerco ó rematar o pleno. Como despois asegurou o número dous do Grupo Socialista, Eduardo Madina, neses momentos confirmaba estar preocupado e “con un nudo en la garganta porque mientras discutimos sobre la fractura territorial, hay una fractura social mayor”. De feito, había socialistas máis que preocupados polo aislamento material e político do Congreso e do seu partido, o que se concretou nunha frase coreada polos indignados: “PSOE y PP, la misma mierda es”. Os deputados de IU, aproveitaron as súas intervencións para apoiar a protesta dende a tribuna e mesmo saíron a sumarse por momentos, aínda que algúns, como Cayo Lara, foron recibidos con abucheos. Rosa Díez de UPyD,  dedicouse a defender unha proposición non de lei para dar transparencia ós soldos públicos. A iniciativa foi rechazada e tildóuselle de irresponsable e oportunista.


Por qué foi a concentración? Quen chamou á concentración?
-O descontento de gran parte da ciudadanía, polos recortes e polas controvertidas medidas de reaxuste económico para combatir a crise, xunto co distanciamiento da poboación  da clase política, verqueuse o pasado martes 25 de Setembro de 2012 nun episodio inédito no noso país. Mentres que gran parte dos manifestantes, e da xente que comparte a súa indignación, denominou o polémico e violento incidente no Congreso como “o inicio dunha revolución popular” e “unha reivindicación cidadá”; houbo certos políticos como a secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, que comparou a movilización do 25-S, cuxo obxectivo en principio era rodear o Congreso dos Deputados ese día, co golpe de Estado de Tejero o 23 de febreiro de 1981.
-A concentración foi convocada por diversos grupos de activistas e plataformas cidadás como ¡Democracia Real YA!, En Pie e Coordinadora 25 de Septiembre.


Onde vistedes as noticias?
-Personalmente, seguín este acontecemento a través da edición dixital de diarios como El País, El Huffington Post e 20 minutos; xunto coa cobertura que fixeron do suceso os informativos de TVE.


Cómo valorades esa información recibida?
-Penso que o volume de información que hai sobre o incidente, é suficiente para facerse un idea xeral, cercana ao que foron as manifestacións do 25-S, e as cargas policiais e os disturbios posteriores entre a policía e os indignados. Aínda así, creo que a información encontrase modelada, adaptada e en resumo, sesgada, en función da ideoloxía do medio a consultar ou das impresións que lle suxire o acontecemento o xornalista; dous feitos que perxudican considerablemente a veracidade e obxectividade das noticias.


Qué lle faltaba a esa información?
-A maioría desas noticias faltáballe un referente, un breve resumo dos feitos previos a manifestación que ocasionaron a súa convocatoria; para así pór en situación a todo tipo de lectores, tanto aqueles que siguen a actualidade informativa regularmente, como aqueles que están peor comunicados. Tamén bótase en falta certa imparcialidade no tratamento dos datos e da información (un exemplo son os bailes de cifras que se dan entre medios de ideoloxía conservadora, e medios encasillados como progresistas) Conviña tamén, que o xornalista deixase de lado a súa posición persoal respecto o tema á hora de redactar a peza informativa (ou polo menos non a mostrase claramente) xa que senón pérdese credibilidade e obxectividade.


Qué consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?
-Na miña opinión persoal poden facerse varias reflexións sobre as manifestacións do 25-S:
>A primeira é ben evidente: O 25-S non será a última manifestación multitudinaria nesta lexislatura de Rajoy.
>As violentas cargas policiais do 25-S, reflicten a vara de medir que empregará a policía á hora de controlar os asistentes nas concentracións futuras, sen importar idade, sexo, ideoloxía, relixión…dos mesmos.
>A forma oportunista que teñen algún políticos de instrumentalizar iniciativas cidadás como o 25-S, para transformalas en mecanismos electorales cos que arañar votos nas próximas eleccións.
>Tamén, é interesante ver como partidos cuxa labor está sendo moi criticada, otorgan unha transcendencia desmesurada a este feito para desviar a atención do público; cando foron precisamente a súas políticas e malas decisión as que motivaron o incidente.
> A pouca cobertura que se lle deu dende os medios de comunicación os convocantes da manifestación, en favor de políticos e outras personalidades coma xefes de policía, axentes de paisano partícipes na marcha...


Qué outras preguntas habería que facerse?
Unhas boas preguntas serían:
-Por qué acontece agora este combativo descontento social, se fai 4 anos que España se atopa en crise?
-Quen ten máis responsabilidade xurídica nesta situación: os civís que se manifestaron ou os axentes de policía que cargaron contraos manifestantes?
-Quen ordenoulle a Policía actuar con tanta contundencia e dureza no 25-S?
-Que repercusións terá a movilización do 25-S ós comercios da zona próxima ó Congreso?


FONTES DIXITAIS:
-GAREA, Fernando. “Parapetados y aislados”, elpais.com, 26 Septiembre 2012, <http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/actualidad/1348602065_617703.html>
-MACHUCA, Pablo. “25-S rodea el Congreso: Siete claves de la marcha”, huffingtonpost.es, 24 Septiembre 2012, < http://www.huffingtonpost.es/2012/09/24/25s_n_1908643.html>
- EUROPA PRESS. “De Cospedal compara el 25-S con el intento de golpe de Estado de Tejero en
1981”, 20minutos.es, 24 Septiembre 2012 <http://www.20minutos.es/noticia/1596755/0/cospedal/25s/golpe-de-estado/>


Por encima de las posibilidades ¿de quién? (carta al director, elpais.com)

Esta carta ó director reflicte de maneira honesta, cercana e personal, a realidade de moitos españois hoxe en día nestos convulsos tempos de crise socioeconómica. Xente sinxela e libre de preocupacións de orde maior coma a baixada da Bolsa, a subida da prima de riesgo, o afundimento dos bancos ou a especulación inmobiliaria (entre moitas outras) viuse empurrada a un drástico cambio de vida; a un reaxuste da súa economía familiar, por culpa do malfacer duns homes traxeados que prometeron coma nunca e defraudaron coma sempre.